lunes, 14 de octubre de 2013

PROGRAMA DE SAÚDE E BENESTAR
DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Características do programa:
O programa caracterízase por ofrecer unha estancia de seis días e cinco noites 
nun hotel con spa, balneario ou outro tipo de instalacións similares da provincia de Pontevedra, en réxime de pensión completa, coas bebidas incluídas.
Participantes:
·       Persoas de 50 ou máis anos.
·       Pensionistas.
·       Persoas que mediante un informe do/a traballador/a social se constate que precisan de respiro familiar.

Prazo de presentación de solicitudes:
Ata o 30 de Novembro (inclusive).
Se fose preciso, priorizarase as solicitudes segundo a orde de entrada no rexistro

Documentación a presentar:
· Impreso da solicitude.
· Fotocopia do DNI
  • Fotocopia do certificado da pensión ou do informe social, se é o caso.

Lugar de presentación:
·       Rexistro xeral da Deputación.
·       Rexistro da delegación da Deputación en Vigo
·       Por calquera dos procedementos establecidos na Lei 30/92

Prezos:
·       Hespería Isla de la Toja no Grove:  210 euros
·       Talaso Atlántico en Oia:  205 euros
·       Gran Talaso en Sanxenxo: 205 euros
·       Spa Oca Galatea en Sanxenxo: 195 euros
·       Carlos I SPA Silgar en Sanxenxo:  190 euros
·       Bienestar Moaña Talaso SPA en Moaña: 185 euros
·       Norat SPA no Grove: 170 euros
·        Torre do Deza SPA en Lalín: 155 euros