viernes, 25 de octubre de 2013

XUNTOS POLO NADAL

NA RESIDENCIA DE TEMPO LIBRE DE CARBALLIÑO (OURENSE) PARA AQUELAS PERSOAS MAIORES QUE SE ATOPEN SOAS, E ASÍ, PODAN PASAR ESTAS DATAS ACOMPAÑADAS.

Do 23 de decembro de 2013 ao
2 de xaneiro de 2014.

Persoas beneficiarias
·      Ser maior de 65 anos
·      Residir na Comunidade Autónoma de Galicia
· Valerse por si mesmo e non padecer enfermidade infecto-contaxiosa activa nin  trastornos mentais ou conductuais que poidan alterar a convivencia.
·      Non estar acollido en ningún centro residencial
·      Ter un nivel de ingresos económicos baixo.
·      Ter que pasar só/a as datas do Nadal.

Documentación
·      Solicitude
·      Declaración responsable
·      Informe social

  
Os participantes cuns ingresos inferiores ao IPREM ( 532,51€) asistirán de forma gratuita ao programa, mentras que aqueles cuns ingresos superiores a dito importe contribuirán ao pagamento da estadía coa achega de 50 €.

PRAZO DE PRESENTACION DE SOLICITUDES
REMATA O 25 DE NOVEMBRO

MÁIS INFORMACIÓN NA WEB DA XUNTA:
http://benestar.xunta.es/web/portal/portada-de-maiores

PROMOCIÓN DE SOLUCIÓNS INNOVADORAS SOBRE HÁBITOS DE VIDA SAUDABLE

MÁIS INFORMACIÓN NA WEB:
www.envellecementomaisactivo.eu 

COMITÉ TRANSFRONTEIRIZO DE EXPERTOS/AS EN PREVENCIÓN E DETECCIÓN PRECOZ DA DEPENDENCIA

MÁIS INFORMACIÓN NA WEB:
www.envellecementomaisactivo.eu