miércoles, 9 de abril de 2014

FESTIVAL DE CORAIS DE PONTEAREAS

 A CORAL DO CENTRO PARTICIPOU NO FESTIVAL DE CORAIS DE PONTEAREAS O PASADO DÍA 6 DE ABRIL

Preto de 400 voces de 11 agrupacións deronse cita no Auditorio Reveriano Soutullo en Ponteareas para participar no Festival de Corais que organiza a Deputación de Pontevedra.

A coral encargada de abrir o certame foi a Polifónica San Pedro de Domaio, de Moaña; á que lle seguiron Ecos do Folón de Fornelos, O Rosal; Coral de Baredo, de Baiona; Coral Polifónica Valdarrosa, de Ponte Caldelas; Coral Polifónica Ponte das Febres, de Tui; Coral Polifónica A Raíña, de Redondela; Coral do Centro Social de Tui; Coral Alvedosa, de Redondela, Coral Polifónica A Forna, do Porriño, e Coral Polifónica de Tomiño, para pechar as actuacións a Coral Santa María de Areas, de Ponteareas.

Cada unha das corais participantes interpretou tres temas sen acompañamento musical (a capela) de elección libre, co único requisito de que un deles deberá ser en galego.