SERVIZOS EXTERNOS



COGAMI


A Confederación Galega de Persoas con discapacidade (COGAMI) presta os seus servizos para a poboación de Tui no noso centro, constituíndose nun punto de información e asesoramento laboral, económico e social para as persoas con discapacidade.

Este servizo resulta moi proveitoso, pola posibilidade de resolver dúbidas e axudar no desenvolvemento burocrático que teñen que levar a cabo este sector da poboación, así como por facilitala inserción dos discapacitados no mundo laboral.

A súa prestación realizase en diversos días e horas en función da demanda deste servizo.


VETERINARIOS DE SAÚDE PÚBLICA


No centro reside a sede do servizo de Veterinarios de Saúde Pública para a comarca do Baixo Miño, onde dous inspectores desempeñan o seu traballo de control de produtos alimenticios, inspeccións en industrias e minoristas, e a atención ao público no propio centro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario